OFERTA DE EMPREGO – ADESTRADOR/A E COORDINADOR/A DE BALONCESTO

O Club de Baloncesto BASKETDEZA (Lalín) abre proceso de selección para incorporar á súa estrutura deportiva un/unha adestrador/a que, ademais de dirixir un equipo, asuma funcións de coordinación do resto de equipos e adestradores/as do club.

Funcións principais:

  • Adestramento e dirección dun equipo do club en competición.
  • Coordinación deportiva dos diferentes equipos (desde categoría premini ata sénior).
  • Supervisión e apoio aos/ás adestradores/as.
  • Planificación de adestramentos e seguimento da progresión dos/das xogadores/as e adestradores/as.
  • Colaboración na organización deportiva xeral do club.

Requisitos:

  • Experiencia previa como adestrador/a de baloncesto.
  • Capacidade de liderado e organización.
  • Habilidades de comunicación e traballo en equipo.
  • Titulación federativa.
  • Valorarase formación académica relacionada.

Ofrécese:

  • Contrato de traballo a media xornada (horario de tardes), seguridade social.
  • Retribución según experiencia e valía.
  • Integración nun club con ampla traxectoria en competición dentro da Federación Galega de Baloncesto.
  • Participación nun proxecto deportivo consolidado, con equipos desde premini ata sénior en competición zonal (Delegación de Santiago de Compostela).

Ubicación: Lalín (Pontevedra)

As persoas interesadas poden enviar a súa candidatura e CV ao correo electrónico alamas@basketdeza.com